O Arosa deixa atrás a súa mala xeira cunha vitoria ante o Porriño Industrial (3-0)
Por Redacción
O Arosa consegue deixar atrás unha mala xeira de tres partidos sen coñecer a vitoria tras o encontro ante o Porriño Industrial. Desta forma, o cadro arousán establécese na parte alta da táboa a un só punto do segundo clasificado, a Sociedade Deportiva Compostela.
O partido foi dominado enteiramente polos locais, que se viron apoiados pola súa afección na Lomba. O primeiro gol foi anotado no 27' por Sylla, que leva un total de 8 tantos anotados desde que comezou a liga (8 en 11 partidos). O acerto na portería de Fernando deulles aos do Arosa a oportunidade de irse ao descanso cunha significante vantaxe no marcador.
Tras o paso polos vestiarios, a tónica do partido foi a mesma, xa que os locais controlaban o balón. Tanto foi así que, aos cinco minutos do asubío inicial, Luís García marcou o segundo gol dos arousáns. O último chegou no 76', cunha acción de Mauri que estableceu o 3-0 definitivo e outorgáballe ao Arousa os merecidos 3 puntos da xornada.
Consulta a acta do Arousa-Porriño Industrial.
Pola súa banda, o Céltiga non correu a mesma sorte, xa que este rompeu a súa boa quenda de resultados ao non ser quen de impoñerse ao Laracha no Salvador Otero. Desta forma, o cadro da Illa de Arousa mantense na décima posición con 14 puntos empatado co Ribadumia.
Os dous tantos dos visitantes non chegaron ata a segunda metade do encontro, xa que a tónica dos primeiros 45 minutos foi o equilibrio entre ambos os equipos. O primeiro deles, foi resultado dunha acción de Boedo ante a portería de Marcos Bermúdez. O segundo anotouno Iago Novo no 78', establecendo o 0-2 final para os visitantes, que con esta última, levan xa catro xornadas sen coñecer a derrota.
Consulta a acta do Céltiga-Laracha.
Así mesmo, o Ribadumia, que se posiciona noveno na clasificaión, non tivo o seu mellor día ao perder por goleada ante o Ourense CF, que se atopa máis abaixo na táboa.
O primeiro gol local non tardaría en chegar, xa que foi 18 minutos despois do comezo do encontro, cando Iago Beceiro logrou o 1-0. Martín Lamelas foi quen anotou o segundo gol dos ourensáns no 27'. Así, íanse ao descanso cunha vantaxe de dous goles no marcador que lles daban a tranquilidade necesaria para facer fronte á segunda parte.
O paso polos vestiarios non trouxo consigo grandes diferenzas no xogo pontevedrés, xa que estes non lograron recortar distancias no resultado. Desta forma, no 56', Edu Otero marcou o 3-0 e seis minutos despois, o 4-0. Pero a cousa non quedou aí, xa que a pouco menos de 20 minutos para o termo do partido, o Ourense CF logrou anotar o seu quinto e último gol de penalti. Foi Róber Fernández o encargado de tiralo ante a portería de Anxo Expósito.
Relacionadas:
-
O Arosa termina en táboas ante o Boiro e o Ribadumia vence o Céltiga
Por Redacción |
-
O Arosa cae nun partido importante ante un rival directo, o CD Barco (3-2)
Por Redacción |
-
O Arosa pon fin a dúas malas xornadas cun empate ante o Ourense (1-1)
Por Redacción |
-
O Arosa suma, ante o Racing de Ferrol, a súa segunda derrota consecutiva (0-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arosa rompe ante o Bergantiños a súa xeira de seis vitorias con dúas expulsións (0-2)
Por Redacción |