Carla Goyanes, convocada para participar na proba das Series Mundiais de Augas Abertas de Abu Dhabi
Por Redacción
Emocionante reto o que ten por diante a pontevedresa Carla Goyanes, que o próximo 9 de novembro tomará parte na oitava parada das Series Mundiais de Natación en Augas Abertas.
A deportista do Club Natación Galaico foi incluída na lista da Selección Española Absoluta que participará na competición que terá lugar na capital dos Emiratos Árabes, Abu Dhabi.
Goyanes formará parte dun equipo que estará composto por sete nadadores, con tres mulleres e catro homes, no que tamén se atopan dúas deportistas do CN Liceo coruñés, Ane de la Fuente e María de Valdés.
A proba das Marathon Swim World Series celebraranse baixo unha distancia de 10 quilómetros, nun circuíto situado no Abu Dhabi Sailing and Yacht Club.
A súa presenza co equipo nacional absoluto é un paso máis para Carla Goyanes, que a pasada tempada proclamouse subcampioa de España e de Europa da especialidade en categoría júnior.
Relacionadas:
-
Carla Goyanes pon rumbo a Xapón
Por Redacción |
-
Valiosa experiencia para Carla Goyanes na Copa do Mundo de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Piscina Curta, primeiro gran reto da tempada para o Galaico
Por Redacción |
-
O Natación Galaico marca territorio no inicio da Liga Galega de Clubs
Por Redacción |
-
Recoñecemento á pontevedresa Carla Goyanes na Gala da Natación Española
Por Redacción |
-
Carla Goyanes conclúe no posto 14 no Mundial de natación en augas abertas
Por Redacción |
-
Carla Goyanes ou a ilusión de competir nun Mundial
Por Diego Espiño |
-
Carla Goyanes, subcampioa de Europa junior en natación en augas abertas
Por Redacción |