Cara e cruz para o boxeo marinense en Asturias
Por Redacción
O boxeo marinense tivo unha cita a pasada fin de semana na localidade asturiana de Avilés, ata onde se desprazaron varios deportistas do Team Thunder e do Mat's de Marín.
Todos eles participaron nunha xornada astur-galaica con seis combates entre púxiles locais e galegos, que se saldou con triunfo asturiano por 4 a 2.
En canto aos combates con representación marinense, Aarón González (Team Thunder) demostrou unha vez máis o seu bo momento de forma para vencer ao campión asturiano, Isaac Álvarez, mentres que Álex Menduíña (Mat's) conseguiu a vitoria no seu segundo combate oficial e fíxoo cun KO técnico ante un rival máis alto e zurdo.
As que non conseguiron o triunfo foron Tathi Cid (Mat's), na súa estrea no ring, e Zaira Corchero (Team Thunder) nun duelo ante unha das mellores boxeadoras do norte de España, Minerva Gutiérrez.
Relacionadas:
-
Vitoria e boa imaxe de Aarón González na velada das Arenas, en Barcelona
Por Redacción |
-
Aarón González avanza ata a final do Torneo WBC Amateur de boxeo
Por Redacción |
-
Once nenos do Team Thunder Marín estarán no Nacional de formas de boxeo olímpico
Por Redacción |
-
Aarón González vence no IV Torneo Internacional da Amizade
Por Redacción |