Sanxenxo despídese do tenis internacional tras 15 días de competición
Por Redacción
O Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo pechou 15 días de intensa competición coas finais do 11º Torneo Internacional Cadete.
A categoría masculina estivo preto de ter un campión galego, co coruñés David Cao, pero cedeu nunha emocionante final ante o polaco Marcel Kamrowski, xogador de gran altura e potencia no saque e na dereita.
A pesar de que a choiva obrigou a xogar baixo teito e en terra batida, en lugar de en pista rápida favorecendo a priori a Cao, o polaco levou o triunfo en dúas mangas por un dobre 7-5.
Pola súa banda na competición feminina a vencedora foi a serbia Fatma Idrizovic, ao gañar á moldava Aleksandra Simeva por 6-1 e 6-4.
O presidente da Real Federación Española de Tenis, José Mosquera, presidiu a entrega de premios do torneo tras a final masculina, xunto ao vicepresidente da Federación Galega, o alcalde de Sanxenxo, o delegado de Deportes de la Xunta en Pontevedra e o presidente do CCD Sanxenxo.