Aínda tentándoo, o Arxil non logra impoñerse ante o Ibaizábal (54-72)
Por Redacción
O Arxil non consegue abandonar a mala racha que lle acompaña desde o comezo da presente tempada, na que aínda non conseguiu finalizar un só partido como gañador. A última oportunidade tívoa esta fin de semana ante o Ibaizábal, quinto clasificado. Non souberon aproveitala as locais, que, unha vez máis, quedaron por detrás no marcador.
A pesar da gran diferenza de puntos (54-72), os dous equipos tiveron momentos de rigorosa igualdade durante o encontro, pero noutros as mulleres de Mayte Méndez non lograron superar ás visitantes, que lles fixeron complicada a chegada ao aro.
O primeiro parcial foi para as vascas, que souberon sacarlle partido aos erros locais, xa que estas tardaron algo máis en meterse no xogo. Por iso, as do Ibaizábal finalizaron o primeiro parcial cunha vantaxe de 7 puntos (17-24).
Con todo, durante os seguintes 10 minutos as locais pareceron centrarse e conseguir manter a cabeza fría para tratar de darlle a volta ao resultado. A pesar de que o tentaron, non foron quen de alcazar ás visitantes, pero si de igualar o cuarto. A pesar diso, as pontevedresas marcharon o descanso por detrás no marcador (30-38).
Tras o regreso dos vestiarios, máis do mesmo. Durante o terceiro parcial non conseguiron sumar máis que 8 puntos fronte ás vascas, que as superaron con fartura (unha diferenza de 10 puntos). E aínda que o tentaron durante os últimos 10 minutos de partido, conseguindo un cuarto igualadísimo, as locais non puideron impoñerse aos seus rivais, do mesmo xeito que no anteriores tres xornadas.
Relacionadas:
-
O Arxil non logra saír do pozo sumando outra derrota ante o Lima-Horta Barcelona (80-56)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arxil queda a un paso da vitoria ante o Barça CBS (69-79)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arxil dorme tras o descanso e cae ante o Aros de León (76-50)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arxil, ante os seus peores números dos últimos anos
Por Diego Espiño |
-
Intratable o Cortegada, que case dobra o Arxil no marcador final (88-52)
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Arxil cae no terceiro parcial ante o Celta Zorka (66-52)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Arxil non logra impoñerse ao recentemente ascendido Mataró (53-64)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |