Pontevedra CF: O que non se dixo aos accionistas e afeccionados
Por Ramiro Espiño
Aínda que o exercicio económico 2012/2013 non finalizará ata o próximo 30 de xuño, a realidade é que a tempada deportiva está máis que finalizada para o Pontevedra C.F. Dende algúns sectores do club atrevéronse a lanzar aos catro ventos que non era un fracaso a clasificación obtida, ignorando que os datos se impoñen ás palabras ou opinións, e eses datos son concluíntes.
Ese quinto posto en Terceira División é a peor clasificación do equipo dende a tempada 1974/75 (hai 38 anos). Entón a posición obtida foi a sétima, pero cando non había Segunda B e, un ano despois xusto, ascendeuse a Segunda. Pero se nos referimos á "Cuarta División", que é o que actualmente é a Terceira, teriamos que remontarnos ao ano da fundación do club, tempada 1941/42, cando o Pontevedra militou no que entón se chamaba Serie A Rexional. Nese primeiro ano o Pontevedra proclámase Campión Galego de afeccionados, despois de ocupar o primeiro posto da clasificación xeral.
Dito doutro modo, a actual clasificación como 5º en Terceira división (ou cuarta categoría do fútbol), é A PEOR CLASIFICACIÿN DE TODA A HISTORIA GRANATE.
O quinto posto obtido esta tempada é a peor clasificación do Pontevedra dende a súa fundación
ÿ tempo pois de análise e reflexión. Tamén de planificación para intentar saír do abismo en que se meteu á entidade. O actual Consello segue exercendo. O seu Presidente segue á fronte, malia que, por activa e por pasiva se cansou de dicir en público que se ía ao finalizar a tempada, mentres en privado busca alianzas que lle permitan manterse, senón na "poltrona" si polo menos no Consello.
A última Xunta de accionistas tivo como consecuencia moito ruído e poucas noces, pero moi posiblemente as cousas terían discorrido de forma diferente se se tivesen posto en coñecemento de accionistas e afeccionados datos que aparecen no "Plan de Viabilidade e de Pagamentos" que o Pontevedra C.F., S.A.D. elaborou e achegou como anexo o recente Concurso de acredores.
O actual Consello planifica unha nova tempada, malia ser responsables directos dos fracasos máis recentes. E deslizan que non se pode aspirar a máis. PontevedraViva tivo acceso ao anteriormente mencionado "Plan de Viabilidade", cuxos datos máis relevantes iremos debullando a continuación, para que os afeccionados e lectores xulguen se é verdade que non se pode aspirar a nada mellor, ou simplemente que os actuais dirixentes non están capacitados para facelo.
De entrada, o documento sinalado ten data de elaboración 18 de xuño de 2012 e comeza cun "estudo da previsión económico-financeira para as próximas dez tempadas (2012/2013 a 2021/2022)". Para non atordar ao lector cunha extensa batería de números e datos contidos nas doce páxinas das que consta o Plan, avalado coa firma de Mauricio Rodríguez Boullosa na súa condición de Conselleiro-Delegado e Presidente, abonde dicir que esas previsións se caeron xa en tan só uns meses. ÿ o que adoita pasar cando se elabora un documento que unicamente pode ser considerado como Surrealista.
O Plan de viabilidade confeccionado polo Consello contempla que o Pontevedra ascenda e volva descender alternativamente en cada unha das próximas dez tempadas
Porque de surrealismo hai que cualificar calquera plan que teña previsto converter un club deportivo nun "ascensor". Isto é así porque na páxina 3 se di, e recollemos textualmente: "Se ha partido de una hipótesis muy conservadora en la que el primer equipo del club alterna temporadas en las competiciones de 2ª división B y 3ª división desde la temporada 2013/2014 hasta la temporada 2021/2022".
ÿ dicir, que para os autores do plan se dá por suposto que o Pontevedra estará un ano si e un ano non en Segunda B, regresando a Terceira e ascendendo inmediatamente a tempada seguinte, o que sen dúbida, de producirse, constituiría un record mundial.
A continuación reflectimos no seguinte cadro as previsións de ingresos e gastos que contén o plan para cada unha desas próximas dez tempadas, incluíndo a que acaba de finalizar:
TEMPORADA |
Ingresos
|
Gastos
|
Diferencia
|
2012/2013 (3ª División) | 673.755,00 | 629.221,37 | 44.533,63 |
2013/2014 (2ª División B) | 930.174,08 | 838.964,49 | 91.209,59 |
2014/2015 (3ª División) | 693.298,71 | 642.073,69 | 51.225,02 |
2015/2016 (2ª División B) | 958.057,12 | 853.622,54 | 104.434,58 |
2016/2017 (3ª División) | 713.631,97 | 655.314,46 | 58.317,51 |
2017/2018 (2ª División B) | 987.066,62 | 868.723,63 | 118.342,99 |
2018/2019 (3ª División) | 734.786,70 | 668.955,45 | 65.831,25 |
2019/2020 (2ª División B) | 1.017.248,11 | 884.281,16 | 132.966,95 |
2020/2021 (3ª División) | 756.796,08 | 683.008,72 | 73.787,36 |
2021/2022 (2ª División B) | 1.048.648,94 | 900.308,90 | 148.340,05 |
Dito doutro modo, e a xeito de resumo do cadro anterior, os actuais responsables do Pontevedra teñen as "elevados miras" de manter o equipo nas catacumbas do fútbol ata o ano 2022. Iso si, cuns presupostos para os anos previstos en Segunda B cuxas cifras superan as dalgúns dos equipos que ascenderon a Liga Profesional, casos de CD Lugo ou Mirandés, os actuais dirixentes do Pontevedra teñen previsto descender a Terceira.
Presupostos ademais nos que dan por suposto que os ingresos por socios e billeteiras manterán e mesmo superarán as cifras actuais, e aquí veñen xa os primeiros desfases coa testana realidade. De feito resulta curioso ler a páxina 5 do Plan, na que se di, referente aos ingresos por subscritores e socios: "Se estima que, bajo una buena campaña de captación, se pueda incrementar ya para la temporada 2012/2013 a un importe de 224.200 euros (iva incluido), (190.000 euros netos) que representa un 21% aprox. de mayor recaudación que en la temporada actual en la que por diversos motivos (descenso de categoría, problemas económicos, etc.), pudiese haber alguna desmotivación por parte de posibles abonados para retirar o darse de alta".
Do que se deduce que, ou ben non se realizou esa "buena campaña de captación" ou a "desmotivación" continúa ante a falta de ilusión ofrecida á masa de seguidores, porque nos encontramos con diferenzas negativas para o Plan de Viabillidad. Así, deses 224.000 euros previstos de ingresos por este apartado, o Consello de Administración sitúa a cifra no presuposto presentado á Xunta de Accionistas en só 187.640 euros, o que supón 36.360 euros menos de ingresos, só con respecto a este apartado.
Outro tanto sucede cos ingresos noutros apartados como Ingresos por competicións, Ingresos por retransmisión, Ingresos de Comercialización e Publicidade e outros, todos os cales presentan cantidades máis elevadas no Plan de Viabilidade que no Presuposto presentado polo Consello aos Accionistas.
As previsións presentaban que o Pontevedra conseguiría o seu primeiro ascenso xa na actual tempada
Ademais, para a tempada a punto de finalizar, como é evidente, non se conseguiu o ascenso previsto no Plan de Viabilidade. Isto vén a significar que, obviamente, a próxima tempada tampouco se estará en Segunda B, como igualmente estaba previsto, o que converte o resto de previsións nun absurdo papel mollado.
Por outra parte, o presuposto presentado polo Consello de Administración á pasada Xunta Xeral de Accionistas, bastante afastado do necesario rigor contable ao mesturar partidas afectas ao I.V.E. con outros que non o están, recollía uns ingresos previstos de 604.948,27 euros e uns gastos de 587.549,13 euros. Non fai falta máis que botar unha ollada ao cadro anterior para observar que esas cifras non concordan coas que figuran no Plan de Viabilidade, o que é tanto como dicir que o mesmo Consello modificou o Plan nada máis confeccionalo, sen informar diso os Accionistas.
Seguindo con outros aspectos, cando menos curiosos, do Plan, na páxina 6 encontrámonos que se indica: "Arrendamientos antenas. La entidad tiene arrendado a diversas operadoras de telefonía móvil espacios propios". Tamén aquí resulta evidente que tal afirmación non se axusta á realidade, se temos en conta que esas antenas están situadas nas torres de iluminación do Estadio de Pasarón, e que eses espazos non poden considerarse como "propios" polo club, xa que se trata dunha instalación de propiedade Municipal.
Doce días despois de asinar o Plan, o déficit previsto neste de menos de seis mil euros transfórmase en case cento noventa mil
Por último, na páxina 11 do Plan de Viabilidade sorprende que se indique: "Prev. Déficit 30-06-2012" a cantidade de 5.738,50 , recordemos que ese Plan é de data 18 de xuño de 2012, é dicir, a só 12 días de pechar o exercicio, e que logo se presente á Xunta de Accionistas un déficit de 188.838,26 euros, é dicir, unha diferenza, con incremento do déficit previsto para a primeira tempada do Plan de 183.099,76 euros, circunstancia este da que tampouco se informou os Accionistas.
A maior abundancia, e para pechar a análise dos datos do Plan de Viabilidade, nesa mesma páxina 11, no referente ao plan de pagamentos que debe afrontar o club nos próximos anos, indícase que na tempada actual 2012/2013 haberán de facerse efectivos pagamentos por "Gastos Concurso" por importe de 60.000 euros, ademais doutros 66.962,64 euros correspondentes á débeda privilexiada, cantidades ambas as dúas que non se recollen como gasto no presuposto presentado á última Xunta Xeneral de Accionistas, e que supostamente debían ser coñecidas polo Consello e polo seu presidente, asinante do Plan de Viabilidade, e que en caso de cumprirse pasaría do superávit previsto de 17.399,14 euros, a presentar un novo déficit superior aos 100.000 euros, nas contas a pechar o xa inmediato 30 de xuño.