O Waterpolo Pontevedra deixa dous puntos en Vigo cun gol a falta de dous segundos
Por Redacción
Non comezou con bo pé o Waterpolo Pontevedra esta tempada. O seu primeiro partido nunha nova edición da Liga Galega non foi como esperaban. Tan só lograron arrancar un empate a oito goles co RCN Vigo, equipo que se estreaba na categoría.
Os de Pontevedra comezaron ben o partido, con moita intensidade e numerosos contraataques, aínda que sen moito acerto. A pesar diso, lograron adiantarse no marcador 0-2 no primeiro cuarto.
No segundo período, o CW Pontevedra mantivo o seu bo ritmo e un xogo co que controlaban o encontro (1-5), mentres que comezaron a estancarse no terceiro, que finalizou cun 3-7 no marcador.
Pero a relaxación e precipitacións dos pontevedreses no último cuarto, sumado a varios erros defensivos, permitiron un parcial de 5-1 ao RCN Vigo que, a falta de dous segundos para o final, lograba igualar o partido a 8 tantos.
RCN VIGO: Baamonde, Puga, Arnejo, Parra, Pereira, Infestas N (1), Cabezas, Infestas S (4), Carreira (1), Robleda (2), Fernández, Portela.
CW PONTEVEDRA: Pablo, Alex (2), Manu, Germán (2), Iago, Mauro, Ángel, Lucas, Eric (1), Aarón (2), Diego (1), Pablo.
Parciais: 0-2, 1-3, 2-2 e 5-1