O Marcón cae na casa ante o líder da Preferente, o Pontellas (0-3)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado
Despois da vitoria do Marcón ante ao Mondariz na pasada xornada (0-1), o conxunto pontevedrés non logrou plantarlle cara ao Pontellas, líder da clasificación, no Carrasco. A pesar de que o tentou o cadro local, non superou as boas accións ofensivas dos visitantes, que anotaron tres tantos.
O primeiro encaixouno o Marcón poucos minutos antes do remate da primeira metade. Desta forma, o equipo local ía ao descanso por detrás no marcador. Á volta dos vestiarios non cambiou a dinámica do partido, que dominou o Pontellas. Aos tres minutos do comezo da segunda metade chegou o 0-2. Finalmente, no minuto 67, por mor dunha falta cometida por Christofer Ríos, o cadro visitante logrou anotar o 0-3 co que remataría o encontro.
Consulta a acta do Marcón-Pontellas.
Pola súa banda, o Beluso, tras a vitoria da pasada semana ante o Barbadás (2-1), volveu conseguir tres puntos na última xornada no encontro ante o Mondariz, que suma xa dúas derrotas consecutivas. O choque estivo bastante igualado desde o asubío inicial e non foi ata o minuto 90, que o cadro local conseguiu o acerto na portería (1-0). Nos últimos segundos do tempo de desconto, o Mondariz xogou cun home menos no campo, Kevin Pérez (94').
Consulta a acta do Beluso-Mondariz.
O Amanecer terminou o partido da novena xornada de liga en táboas ante o Juvenil Ponteareas en Lampáns (1-1). A igualdade foi a tónica do partido. Pola súa banda, o primeiro en anotar foi Augusto García, do cadro local, no minuto 43 da primeira metade. O empate non chegaría ata o regreso dos vestiarios cunha acción, no 60', de David Portas.
Consulta a acta do Amanecer-Juvenil Ponteareas.
Igual de igualado estivo o choque entre o Juventud Cambados e o Estradense en Burgáns (1-1). Con todo, neste caso, os goles de ambos os equipos chegaron antes. O primeiro, aos poucos minutos de empezar (5') cunha acción de Juan Sineiro logrando o 1-0. O empate dos visitantes chegaría no 23' grazas a Borja Míguez. A segunda parte foi máis do mesmo, só que sen chegar ao acerto en portería.
Consulta a acta do Juventud Cambados-Estradense.
Continuando coa tónica de partidos equilibrados no marcador, o do Bande e Villalonga non quedou atrás. Do mesmo xeito que aconteceu nos dous anteriores, tan só houbo dous goles nos 90 minutos de xogo, ambos na segunda metade. O primeiro foi para o Bande, cunha acción de Adrián Rodríguez no 55'. O acerto dos locais parece que animou aos visitantes para facer o mesmo, polo que no 58', David Calo marcou o tanto do empate.
Consulta a acta do Bande- Villalonga.
Pola súa banda, o Xuventú Sanxenxo rompeu a súa serie de empates ante o Valladares. Con todo, non foi para mellor, xa que o cadro do Salnés caeu na Gándara por goleada (1-4). O primeiro gol foi dos locais, que conseguiron anotar no 12' da primeira metade. Despois de dous tantos máis, que se reflectían cun 3-0 no marcador, o Sanxenxo lograba o seu primeiro e único acerto na portería no 71', de man de Pablo González. Tres minutos despois, Bruno Vila marcaba o 4-1 final.
Consulta a acta do Valladares- Xuventú Sanxenxo.
Finalmente, O Grove puxo fin á súa boa serie de tres vitorias ante o Atios, que gañou cun 2-0 en casa. Os dous goles foron anotados na primeira metade do encontro por Fernando Fernández, aos tres minutos do asubío inicial, e por Manuel Viñan no 41', conseguindo o 2-0 antes do paso polos vestiarios.
Relacionadas:
-
Despois de tres xornadas sen coñecer a vitoria, o Marcón imponse ao Villalonga (0-1)
Por Sofía Lorenzo |
-
O Marcón perde por goleada ante o Juvenil (7-1)
Por Redacción |
-
O Marcón asalta Mondariz (0-1) e o Cambados gaña por goleada ao Juvenil (1-7)
Por Redacción |
-
O Marcón continúa coa súa mala racha ante un Beluso que logra a súa terceira vitoria
Por Sofía Lorenzo |