O Peixegalego xa non é invencible e cae ante o Aquimisa (74-75)
Por Sofía Lorenzo
O Marín Peixe Galego deixou escapar un partido que tiñan ganado ante o Aquimisa no último minuto de xogo (74-75), sumando así a segunda derrota consecutiva no casilleiro local
Comezou perdendo o Peixe a poucos segundos do inicio de xogo. Con todo, tras dous minutos de partido, xa lograran igualar o resultado. En pouco tempo, o marcador deu un xiro, xa que os locais chegaron a poñerse por diante cunha diferenza de cinco puntos aos tres minutos (9-4).
Recortando distancias, case logra o Aquimisa volver igualar aos marinenses. Con todo, un tiro acertado de Peleteiro, case no minuto 6 de xogo, volvía inclinar a balanza cara o lado do Peixe, que, a partir dese momento conseguiu manterse cunha cómoda vantaxe de seis puntos no marcador (16-10 no minuto 7).
Finalmente, o primeiro parcial marcou a clara superioridade dos de casa, froito dun xogo seguro, unhas boas accións ofensivas e, sobre todo, un firme bloque defensivo, que dificultou aos visitantes chegar ao aro (18-12).
Durante o segundo cuarto todo deu un xiro. O Peixe perdeu o control do partido e ofreceulle ao Aquimisa a posibilidade de ser superior durante os dez minutos. Comezou anotando o cadro zamorano a escasos segundos do asubío inicial, o que colocaba un 18-14 no marcador. Ían acortando distancia cos marinenses. Así mesmo, diversas perdas de balón e un afianzamento da defensa visitante lograron que o Peixe estivese preto de catro minutos sen sumar.
Despois da pequena remontada do Aquimisa, que igualou o marcador, e a posterior vantaxe de seis puntos sobre os locais, marcaban un punto seguido. Nada estaba decidido cando chegou o momento do descanso e a máxima igualadad entre os equipos estableceu unha incógnita na Raña (31-31).
Non puido sentarlle mellor ao Peixe o paso polos vestiarios. Os homes de Javi Llorente marcaron territorio e deixaron claro que esta categoría non lles queda grande e que non están dispostos a encaixar outra derrota. A súa superioridade foi notable durante os 10 minutos, nos que levaron o partido ao seu terreo. O Aquimisa gañou un pouco de forza cando se achegaba o asubío final, pero os locais non cederon e, finalmente, conseguiron un 56-48 antes do cuarto definitivo.
E parecía que o final do partido ía ser máis do mesmo. Os locais permaneceron superiones na pista e no marcador durante todo o último parcial, chegando a contar cunha vantaxe de 12 puntos sobre os zamoranos. Con todo, estes fixeron o que parecía imposible. Igualaron o partido no último minuto (72-72).
E aínda máis, a falta de 9 segundos para o bocinazo final, Niang logrou o que ninguén esperaba e o que o converteu no heroe do partido para os visitantes. Encestou un triplo que lles arrebataba aos marinenses das mans unha vitoria que parecía súa. Que tiñan e perderon (74-75).
Relacionadas:
-
Contra todo pronóstico, o Peixe vence a un dos rivais máis duros, o Navarra (81-69)
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
Terceiro triunfo do curso para o Peixe Galego ao superar o CB Tormes nun duelo vibrante (69-71)
Por Redacción |
-
O Peixegalego cae ante o Ávila (69-76) e suma a súa terceira derrota consecutiva
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado |
-
O Peixegalego cae ante o Baskonia despois dunha tempada invicto (79-70)
Por Redacción |
-
Primeiro obxectivo cumprido para o Peixe Galego, campión da fase regular da Liga EBA
Por Redacción |
-
Remontada do Peixe Galego para impoñerse ao Cáceres (77-68)
Por Redacción |