O Marcón asalta Mondariz (0-1) e o Cambados gaña por goleada ao Juvenil (1-7)
Por Redacción
O Cambados consegue a súa quinta vitoria na oitava xornada ante o Juvenil, ao que gañou por goleada en Pardellas. Ademais, non foi un partido calquera, xa que o conxunto pontevedrés gañou ao anfitrión por goleada (1-7). Pola súa banda, o conxunto local, xogou, a partir do minuto 54 cun home menos no campo, José Fernández.
Esta vitoria axuda ao Cambados a gañar distancia e a afianzarse ata a próxima xornada no primeiro posto da clasificación.
Consulta a acta do Juvenil-Cambados.
Pola súa banda, o Beluso logrou impoñerse ao Barbadás, cuarto na táboa, cun 2-1 no marcador. Aínda a pesar de xogar o conxunto de Bueu con dous homes menos no campo, conseguiu superar ao cadro ourensán en casa (As Laxes). Con esta, os locais xa suman catro vitorias en oito partidos.
Consulta a acta do Beluso-Barbadás.
Igualmente, o Marcón conseguiu sumar tres puntos máis no seu casilleiro grazas a unha vitoria ante o Mondariz (0-1). Desta forma, o Marcón rompe cunha mala racha de cinco encontros sen conseguir impoñerse aos seus rivais. Nesta ocasión, o gol chegou no minuto 31 da primeira parte de man de Jesús Vázquez.
Consulta a acta do Mondariz-Atlético.
Non tivo a mesma sorte o Amanecer, que só optou a sumar un punto no partido contra o Pontellas, o segundo clasificado de Preferente (1-1). Con todo, tendo en conta a posición do seu rival na táboa e que os visitantes xogaron cun home menos a partir do minuto 73 de xogo, o empate ten un sabor doce para eles.
Consulta a acta do Pontellas-Amanecer.
Así mesmo, o Villalonga perdeu por un 0-4 ante o Valladares, o oitavo clasificado, en casa. Tres dos goles foron anotados na segunda metade do encontro e o primeiro a 37 minutos do asubío inicial. Así, o Villalonga continúa con 10 puntos na décima terceira posición da táboa e suma a súa segunda derrota consecutiva.
Consulta a acta do Villalonga-Valladares.
Unha vez máis, e por cuarta xornada consecutiva, o Sanxenxo termina o partido en táboas. Esta vez, ante o Cultural Areas, décimo oitavo clasificado, que conseguiu anotarlles dous goles aos quintos na táboa (2-2). Ademais, por parte do conxunto visitante houbo dúas expulsións, ambas na segunda metade.
Consulta a acta do Sanxenxo-Cultural Areas.
Finalmente, O Grove gañou tamén cun importante resultado ao Alertanavia (3-0). O partido era un choque directo pelexando pola décima quinta posición. Os goles do conxunto do Salnés pertencen a Tomás Míguez, Gabriel Díaz e Jorge Aspérez. O primeiro aos 12 minutos do comezo do partido, o segundo no 84' e o terceiro no último minuto de xogo.