Gómez Noya, ás portas dos dez mellores do Ironman de Hawái
Por Redacción
O triatleta galego Javi Gómez Noya acudiu esta fin de semana a Hawái para participar no Ironman de Kona, unha das competicións máis importantes do triatlón mundial, que tivo lugar durante a madrugada do día 14. A proba, que constou de 3,86 quilómetros a nado, seguidos de 180 en bicicleta e 42,2 a pé, comezou ás 6:35 horas (18:35 en España).
As condicións metereolóxicas non foron as idóneas para o pentacampeón do mundo en distancia olímpica, xa que a calor e a humidade do clima hawaiano pasáronlle factura nalgúns momentos do percorrido. Aínda así, Noya alcanzou a meta despois de 8 horas, 11 minutos e 41 segundos, na undécima posición, quedándose ás portas do top 10, algo que non está nada mal para ser o seu debut na cita internacional.
A primeira parte a nado déuselle ben a Noya, xa que a realizou nun tempo de 47 minutos e 46 segundos, entre os cinco mellores. Despois dunha transición de dous minutos, o galego comezou o sector ciclista, no que se mantivo xunto os favoritos en todo momento. Finalmente, completou esta etapa en 4 horas, 19 minutos e 44 segundos entre os 19 mellores da competición.
Sen embargo, unha entrega intensa nesta segunda parte do ironman fixo que Noya comezase a pagar a esixencia da proba nos últimos 20 quilómetros, momento no que cedeu ao redor de 45 segundos cruciais para el respecto ao favorito, o alemán Patrick Lange. O esforzo do traxecto sobre a bici fixeron que completar os 180 quilómetros se voltase complicado. Tamén se notou na transición ao sector a pé, na que cedeu outros valiosos segundos con respecto ao grupo en cabeza.
Con todo, Noya remontou correndo. Chegou a ocupar a sexta posición mantendo o ritmo do alemán ata o primeiro terzo de traxecto. Aínda así, a temperatura e o cansazo comezaron a ter consecuencias para o galego. Finalmente, cruzou a liña de meta undécimo podendo coller aire despois dos 226,06 quilómetros da proba. O debut de Javi Gómez no Iroman de Kona cumpliu co esperado demostrando que o triatleta ten grandes esperanzas de futuro.
Pola súa banda, o líder indiscutible da competición mundial, o alemán Patrick Lange, logrou un récord histórico convertíndose no primeiro home que completa o Ironman de Hawái en menos de oito horas. 07:52:39 para ser exactos.
Relacionadas:
-
Gómez Noya busca a clasificación para o Mundial Ironman 70.3 na súa primeira competición do ano
Por Redacción |
-
Gómez Noya confirma a súa presenza no Mundial de Pontevedra e o seu regreso á distancia olímpica
Por Redacción |
-
Pablo Dapena e Javi Gómez Noya dan os seus primeiros pasos de pretempada en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Chega a hora da verdade para Javi Gómez Noya, que busca ampliar a súa lenda no Ironman de Hawaii
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya pon rumbo ao Mundial Ironman de Hawaii: "No es fácil llegar la primera vez y ganar"
Por Redacción |