Domingo Luís e Sergio Pérez, a semifinais dos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción
O cuarto día de competición de balonmán praia, que estivo marcado por unha continua choiva na xornada vespertina, significou o inicio da rolda principal na que xa quedaron claros a maior parte dos equipos clasificados para as semifinais, que comezarán na tarde deste sabado.
Foi un día inmensa alegría para os Hispanos Xuvenís da Area, entre os que se atopan os teucristas Domingo Luís e Sergio Pérez, que lograron a clasificación para as semifinais dos Xogos Olímpicos da Mocidade de Buenos Aires 2018, ao derrotar na Main Round a Croacia e Argentina.
O choque ante Croacia ía marcar o destino do combinado español, xa que ao entrar con 2 puntos na Main Round non podía fallar. España non tardaría en despexar as dúbidas e aplicar un serio correctivo aos balcánicos, tanto no primeiro set (26:20) que Croacia maquillaría nos últimos instantes, como na segunda manga (26:16) de pleno dominio español.
Consumada a vitoria na súa estrea na Main Round, e cos primeiros resultados na man, o compromiso ante Argentina aparecía como unha oportunidade para selar o billete a semifinais. O partido prometía equilibrio, e así foi durante os 10 minutos de cada set, ambos os dous favorables ao conxunto español que, ao cabo, vencía á selección anfitrioa e entra nas semifinais do torneo.
Relacionadas:
-
Sergio Pérez marca o gol que dá o ouro olímpico a España nos Xogos da Mocidade
Por Redacción |
-
Un dobrete de Carol Agulla achega a España á loita polas medallas nos XXOO da Mocidade
Por Redacción |
-
Carol Agulla e Antía Pérez debutan con bo pé nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
A representación pontevedresa nos Xogos da Mocidade pon rumbo a Arxentina
Por Redacción |
-
Antía Otero, ilusionada e "un poco nerviosa" ante o reto dos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Diego Espiño |