O Leis consegue ante o Zamora a súa primeira vitoria da tempada
Por Redacción
Á cuarta chegou a vencida para o Leis Pontevedra, que estreou o seu marcador de vitorias esta tempada na liga de Segunda División B ao vencer no Pavillón Municipal dos Deportes ao Zamora por 4 goles a 0.
Os pontevedreses encarrilaron pronto o duelo, con dous goles nos primeiros minutos froito da súa maior intensidade sobre a pista. Primeiro foi Miguel cun potente dispraro, e despois foi Berto o que ampliou as distancias.
O resultado animou aínda máis aos de Mikel Diestro, que dominaban e tras unha boa combinación volvían ver porta, co segundo tanto de Miguel, antes do descanso.
Tras o paso por vestiarios mellorou o cadro visitante, que se lanzou a por a remontada e acabou atopando co 4-0 no minuto 25, obra de Dani, que sentenciou o partido.
Cos tres primeiros puntos da tempada o Leis colócase na décimo cuarta posición da táboa, pechando aínda a zona de descenso.