Kevin Presa, entre algodóns na volta aos adestramentos
Por Diego Espiño
O campo de fútbol da Seca, en Poio, foi o escenario elixido polo Pontevedra para retomar os adestramentos este mércores tras unha xornada de descanso, nunha sesión que tivo como protagonista a Kevin Presa.
O centrocampista, que concluíu o choque ante o Celta B con molestias na súa perna dereita, exercitouse á marxe dos seus compañeiros, polo que se converte na principal dúbida para Luismi pensando no encontro do próximo domingo en Fuenlabrada.
A pesar diso o técnico mantén a esperanza con que chegue á cita. "Esperemos que sí, aún es miércoles"", sinalou en rolda de prensa.
A de Kevin é a única incógnita, que se une á baixa por sanción de David Castro debido á súa expulsión por dobre amoestación do domingo, e dado que o club granate non presentou recurso ante o Comité de Competición.
En canto ao Fuenlabrada, Luismi considera aos madrileños un equipo que "no va a ser fácil" ao estar concibido para loitar polo ascenso, polo que "tenemos que buscar la manera de hacerles daño sin perder nuestra seña de identidad".
O preparador pontevedrés asegura que viaxarán coa ambición de lograr o seu segundo triunfo do curso pero considera que "contra los de arriba todo lo que sea puntuar es bueno", recoñeceu.
PRIMEIRO ADESTRADOR EN CAER NO GRUPO I
O Salamanca CF converteuse no primeiro equipo do Grupo I da Segunda División que cesa ao seu adestrador, cando só transcurriron seis xornadas de liga.
O cadro charro anunciou a rescisión do contrato de José Miguel Campos despois dun irregular inicio de competición, que lle situou en postos de descenso con 5 puntos (1 vitoria, 2 empates e 3 derrotas). O Salamaca CF, a pesar de ser un recentemente ascendido, expúxose obxectivos ambiciosos no seu primeiro ano na categoría.
Relacionadas:
-
Os goles de Arruabarrena dan unha vitoria de prestixio a un sólido Pontevedra en Fuenlabrada (0-2)
Por Redacción |
-
Difícil saída a Fuenlabrada para un Pontevedra que busca poñer fin á súa seca
Por Diego Espiño |
-
Polémica e emoción pero pouco xogo para un empate sen goles entre Pontevedra e Celta B
Por Diego Espiño & Diego Torrado |