Igualdade de premios para o XXIV Open Cidade de Pontevedra de tenis
Por Redacción
Lourdes Domínguez non quixo perder a presentación do torneo que desde este ano, o Open Cidade de Pontevedra organizado polo Club de Tenis.
A ex-tenista profesional acompañou os responsables do torneo e á concelleira de Deportes na posta de longo da XXIV edición da competición.
Será ademais unha edición especial pola decisión de recuperar o cadro feminino de competición, ao que se engade a igualdade de premios con 840 euros en xogo en metálico en cada unha das categorás, tanto feminina como masculina.
O Open sufriu un lixeiro cambio de datas con respecto á anunciado inicialmente, e celebrarase do 19 ao 21 de outubro na súa fase previa masculina e do 25 ao 28 do mesmo mes terán lugar as fases finais.