Merece máis o Teucro pero acaba cedendo na pista do Anaitasuna (30-29)
Por Redacción
Cos dedos rozou a Sociedad Deportiva Teucro un bo resultado na sempre difícil cancha do Anaitasuna, en Pamplona, e seguro sería merecido polo seu esforzo. Con todo, o conxunto navarro estivo máis acertado nos instantes finais para levar a vitoria por un apertado 30 a 29.
Foi sen dúbida o encontro máis completo ata a data dos de Luís Montes, que por primeira vez ese ano iniciaron o partido enchufados. Demostrouno Natán Suárez co 0-1 e acompañoulle o resto do equipo para nun primeiro tempo disputado de poder a poder e con alternativas, chegar con todas as opcións ao tempo de descanso (15-14).
Os azuis seguiron esta tónica tras o intermedio, sen esas desconexións que tanto dano fixeron noutras xornadas, e cun parcial de 0-3 con dous goles de Moyano e outro dun recupado Davor Cutura mandaron un aviso ao seu rival no minuto 36 (16-18).
Os tantos do lateral arxentino e de Cutura (9 e 8 respectivamente) cun importante acerto no lanzamento exterior desde os 9 metros, foron a principal arma ofensiva dos teucristas. A pesar diso o Anaitasuna, que a pesar do seu potencial aínda non sumara en liga, non se rendeu aproveitou unha exclusión de Gehrhardt para devolver o parcial e tomar de novo o mando aos 41 minutos (20-19), obrigando a Luís Montes a pedir tempo morto.
Ningún dos dous equipos conseguía romper o partido, e así foron pasando os minutos ata chegar ao emocionante final que esperaba (27-27 a falta de 2 minutos e medio).
Tiña na súa man sumar o Teucro, pero nos últimos atáques o Anaitasuna mostrouse máis decidido e con tres goles consecutivos de Ugarte, Álvaro Gastón e Chocarro decantou o choque. Aínda así os pontevedreses continuaron correndo para, xa sen tempo, colocar o definitivo 30-29 que deixa a sensación de que están preto de poder lograr o seu primeiro triunfo na liga.
ANAITASUNA (30): Bols, Antonio Bazán (1), Etxeberría (4), Krsmancic (6, 2p), Pujol (1p), Chocarro (2), Pere Vaquer (1) -siete inicial- Gastón (6), Borja Méndez, Meoki (1), Barricart (2), Ceretta (2), Miguel Goñi, Ugarte (1), Raúl Nantes (3), Salazar.
SD TEUCRO (29): Lloria, Natán Suárez (2), Rial (1), Iván Fernández (2), Samu Gómez, Cangiani (5), Dani Hernández -siete inicial- Moyano (9), Juan Quintas, Cutura (8, 3p), Gehrhardt (1), Fischer (1), Samuel Pereiro, Cristian Remeseiro, Santana.
Árbitros: Fernández Molina e Murillo Castro. Excluíron a Pujol e Chocarro no Anitasuna e a Iván Fernández e Gehrhardt (3) no Teucro.
Marcador cada cinco minutos: 1-1, 5-5, 8-6, 10-9, 13-12, 15-14, descanso, 16-17, 19-19, 23-21, 24-24, 26-26, 29-28.
Incidencias: Partido da cuarta xornada da Liga Asobal disputado en Pamplona.
Relacionadas:
-
A primeira vitoria do Teucro chega ao grande, tombando o Ademar (26-24)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Primeira xornada de 'champions' para o Teucro coa visita do Ademar ao Municipal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro viaxará a Nava de la Asunción na segunda rolda da Copa do Rei
Por Redacción |
-
O Teucro visita a cancha de Anaitasuna coa dúbida ata última hora de Davor Cutura
Por Diego Espiño |
-
Demasiado Logroño para un moi digno Teucro coa baixa de Cutura (26-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |