As "arenas movedizas" ameazan o Pontevedra ante a visita do Celta B
Por Diego Espiño
Importante proba para o Pontevedra Club de Fútbol, que este domingo (17:00 horas) recibirá o Celta B no Estadio Municipal de Pasarón coa intención de "resarcirnos de la derrota del otro día", asegura Luismi.
Non só iso, os granates necesitan tres puntos que lles devolvan a confianza e que lles fagan tomar aire na clasificación, onde caeron ao posto de play-out pola permanencia. Con todo a cita preséntase a priori como esixente, xa que chega a Pasarón o actual segundo clasificado, un filial céltico que mantivo o potencial que atesouraba o pasado ano e do que "me preocupa el talento y la calidad que tienen", asegura o técnico.
Luismi é consciente de que "si no ganas siempre hay arenas movedizas" na contorna, e o obxectivo é afastarse o máximo posible desa situación. "Lo que queremos es que se recuperen las buenas sensaciones, que haya tranquilidad y eso se consigue ganando", defendeu na previa.
Ante a importancia do partido, co que o Pontevedra entra nunha fase de calendario especialmente dura, o preparador pontevedrés convocou a todo o plantel, polo que realizará descartes á chegada ao estadio.
A principal dúbida céntrase no estado físico de Mikel Arruabarrena, que adestrou toda a semana con molestias na zona costal.
O Celta B chega a Pasarón despois dun inicio de liga no que sumou 4 vitorias e 1 derrota, gañando ata a data os seus dous encontros fóra da casa, ante Fabril e Coruxo e con idéntico resultado (0-1).
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Leandro Carbajales Gómez.
Relacionadas:
-
Polémica e emoción pero pouco xogo para un empate sen goles entre Pontevedra e Celta B
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Luismi apela á "calma y tranquilidad" pero recoñece que de non gañar ao Celta B a situación volveríase "preocupante"
Por Diego Espiño |
-
Veñen curvas para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Duro e esaxerado correctivo do Inter de Madrid a un Pontevedra sen capacidade de reacción (3-0)
Por Redacción |