A final da Copa de España de Augas Abertas agarda á pontevedresa Carla Goyanes
Por Redacción
O Club Natación Galaico contará con representación na etapa final da Copa de España de Augas Abertas, que se celebrará o vindeiro domingo 30 de setembro en Benidorm.
Alí estará Carla Goyanes, actual subcampioa nacional e europea da especialidade en idade júnior e que foi incluída dentro da Selección Galega.
Carla formará parte do primeiro equipo de Galicia no campionato.
A deportista do Galaico acudirá á cita despois de impoñerse esta pasada fin de semana na categoría absoliuta da XVIII Travesía Ría de Vigo, incluída no XV Circuíto Galego de Augas Abertas.