O Arxil despídese da Copa Galicia cunha nova derrota, esta vez ante Maristas
Por Redacción
Terceira derrota da pretempada para o Club Baloncesto Arxil, que se despide así da Copa Galicia sen lograr ningún triunfo.
O conxunto pontevedrés chegaba á terceira xornada da competición autonómica sen posibilidade de clasificarse para a fase final, e terminou cedendo por 65 a 74 ante o Maristas da Coruña nun encontro disputado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
As verdes pagaron caro o cansazo co que chegaban e os problemas en defender o lanzamento exterior do seu rival, cedendo no tramo final tras marcar a pauta no marcador durante gran parte do choque.
Tras esta cita o equipo adestrado por Mayte Méndez ten agora por diante dúas semanas de traballo para tentar chegar nas mellores condicións posibles ao comezo da Liga Feminina 2.
Un amigable ante o Rosalía Pío XII a próxima fin de semana será a última proba do Arxil antes da tempada oficial levante o pano.
Relacionadas:
-
O recentemente ascendido Mataró, primeiro exame ligueiro para o Arxil na Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil progresa pero queda fóra da Copa Galicia ao perder ante o Cortegada (69-68)
Por Redacción |
-
O plantel do Arxil pasa recoñecemento médico no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez
Por Redacción |