Galicia gaña o Campionato de España de squash de comunidades disputado en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Dobre vitoria para as seleccións galegas masculina A e feminina A nos Nacionais de Seleccións Autonómicas de Squash 2018 disputados en Pontevedra.
O equipo masculino formado por Borja Golán, Carlos Cornes, Pascal Gómez, Miguel Mercé, Jesús Souto e Manuel García gañou na final a Castela e León (4/0).
Resultados
- Souto gañou a Daniel Martín (3/0),
- Mercé a Jesús Gallardo (3/0)
- Gómez a Jorge Nebreda (3/0)
- Cornes a Abel Martín (3/1).
O equipo feminino, con Inés Gómez, Catuxa Codesido, Marta Domínguez e María Domínguez venceu a Canarias por 3/0.
Resultados
- Inés Gómez gañou a Belén Echenchoury (3/0)
- María Domínguez a Beti Dominguez (3/0)
- Domínguez a María González (3/0).
Pola súa banda, a selección galega masculina B quedou campioa na final de consolación e a feminina B logrou facerse co cuarto posto.