O Nacional de Squash, en marcha
Por Redacción
O Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Squash púxose en marcha este venres no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuíños.
Ata 13 seleccións territoriais loitarán ata o domingo polo título nacional en Pontevedra.
Antes de entrar en competición, todos eles foron recibidos nun acto de presentación celebrado no centro da cidade, na Avenida Montero Ríos.
Galicia, favorita para gañar tanto en categoría feminina como masculina, dispoñerá de dous equipos en cada un dos cadros. Na competición masculina competirán por unha banda Borja Golán, Carlos Cornes, Pascal Gómez, Jesús Souto e Manuel García do Squash Santiago e Miguel Mercé do Vigo Squash e no outro Pablo Quintana e Gonzalo Romero do Squash Pontevedra, Xurxo Codesido e Arón Astray do Squash Santiago e Cío García e Xabier Barberán do Vigo Squash.
En canto aos equipos femininos, Galicia A estará composto por Xisela Aranda, Marta e María Domínguez do Squash Pontevedra, Catuxa Codesido do Vigo Squash e Inés Gómez do Squash Santiago, mentres que en Galicia B competirán Elena Suárez, Laura Valencia, Julia Noya e Martina Flores d Squash Santiago ademais de Icía Riveiro.
As finais do Campionato de España celebraranse o vindeiro domingo ás 10:00 (feminina) e 11:00 horas (masculina).