O squash sae á rúa en Pontevedra
Por Diego Espiño
Aproveitando a celebración na cidade do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, que terá lugar en Pontevedra entre o venres 21 e o domingo 23 de setembro, a Federación Galega de Squash desenvolverá varias actividades de promoción do seu deporte na cidade.
Estas actividades desenvolveranse en cinco centros educativos e tamén na Avenida Montero Ríos, contando este último evento coa presenza do campión europeo, o santiagués Borja Golán, ou con deportistas do Squash Pontevedra como Pablo Quintana, internacional con España e campión nacional en categorías inferiores.
A Federación instalará nos colexios primeiro, empezando polo San José este mércores, unhas pistas portátiles coas que achegar o seu deporte aos nenos e nenas da cidade. "Se les invitará también a que el fin de semana conozcan con monitores las pistas profesionales", explicou Carlos Noya, presidente da Federación Galega, acompañado da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e do presidente do Squash Pontevedra, Miguel Novegil.
Esta promoción chegará a partir do venres, data de inicio do campionato nacional, á Avenida Montero Ríos, onde acudirán en xornada de tarde xogadores como Golán ou Quintana para practicar cos nenos e nenas que se acheguen a probar esta disciplina.
As pistas estarán ademais dispoñibles para "todos los ciudadanos" durante a mañá do sábado.
Relacionadas:
-
O Nacional de Squash, en marcha
Por Redacción |
-
Galicia, favorita no Campionato de España de Squash que comeza este venres en Pontemuíños
Por Diego Espiño |
-
Marta Domínguez e Xisela Aranda ascenden con España á 1ª División europea de squash
Por Redacción |
-
O squash reclama protagonismo a base de medallas
Por Redacción |