O Teucro cede en Guadalaxara na súa primeira saída do curso (31-26)
Por Redacción
Esta vez non houbo remontada. A Sociedad Deportiva Teucro encaixou en Guadalaxara a súa primeira derrota do curso ante un rival que sentiu en todo momento máis cómodo sobre a pista e que levou o temón do xogo.
Os locais marcaron un parcial de 4-1 de saída e xa non cederon a iniciativa, a pesar dos intentos dun combativo cadro pontevedrés especialmente na primeira metade.
Os de Luís Montes foron no primeiro acto a tiróns, e aínda que a renda chegou a ser de 5 goles en contra, non se desenganchaban do partido e facían intentos de achegarse no marcador. Foi así como no final do primeiro acto dous goles de Cangiani e de Sergio Pérez daban vida ao Teucro ao marchar ao descanso.
Todo parecía aberto, e con todo os pontevedreses non conseguían facer dano á ordenada defensa manchega para igualar a contenda. Pola contra o BM Guadalajara íase de novo de saída aos cinco goles, mantendo baixo control ao Teucro apoiados nun notable e incansable Hombrados (ata 14 paradas e un 36,8% de efectividade).
Así foron avanzando os minutos ata que pasado o ecuador do segundo acto os locais marcaban a súa máxima ata o momento, seis tantos. Foi entón cando terminou a resistencia teucrista. A renda chegou aos 7 goles, aínda que os azuis tiraron de orgullo e non se deixaron ir para chegar ao final do choque co definitivo 31-26.
A próxima xornada o Teucro recibirá no Pavillón Municipal dos Deportes ao Logroño (sábado 22 ás 18:30 horas).
BM GUADALAJARA (31): Hombrados, Javier Parra (4), Márquez (6, 1p), Víctor Vigo (3), Moya (2), Javier García (7), Pablo Paredes (1) -siete inicial- Celada (1), Sergio Mellado (4), Serradilla (1), Alberto Sanz, Fuentes (1), Gallardo (1), Daniel Cruz, Pablo Román, Eceolaza.
SD TEUCRO (26): Santana, Moyano (3), Natán Suárez (4), Juan Quintas, Rial (2), Cutura (3, 2p), Cangiani (3) -siete inicial- Iván Fernández (1), Samu Gómez (1), Gehrhardt, Fischer (1), Dani Hernández (3, 1p), Samuel Pereiro (1), Sergio Pérez (4), Alberto Garrido, Lloria.
Árbitros: Colmenero Guillén e Rollán Martín. Excluíron a Serradilla, Márquez, Fuentes, Javier García e Pablo Paredes nos locais e a Juan Quintas, Rial e Dani Hernández no Teucro.
Marcador cada cinco minutos: 4-2, 6-4, 9-5, 12-8, 13-9, 15-13, descanso, 18-15, 21-17, 23-18, 26-19, 29-25, 31-26.
Incidencias: Partido da segunda xornada da Liga Asobal disputado no pavillón David Santamría de Guadalaxara.
Relacionadas:
-
Demasiado Logroño para un moi digno Teucro coa baixa de Cutura (26-31)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Ciudad de Logroño, un óso duro para o Teucro na busca do seu primeiro triunfo da tempada
Por Diego Espiño |
-
O Teucro, a augar as festas patronais de Guadalaxara
Por Diego Espiño |
-
O teucristas Domingo Luis e Sergio Pérez estarán nos Xogos Olímpicos da Mocidade
Por Redacción |
-
Empate que sabe a gloria a un Teucro lastrado polo seu mal inicio ante BM Sinfín (23-23)
Por Ramiro Espiño & Mónica Patxot |