O Open de Tenis Cidade de Pontevedra recupera o seu cadro feminino
Por Redacción
Outubro será un mes de especial protagonismo do tenis na cidade, xa que ademais do Torneo Internacional ITF Júnior do Casino Mercantil celebrarase unha nova edición do Open de Tenis Cidade de Pontevedra.
A competición organizada polo Club de Tenis Pontevedra chega ao seu XXIV edición, na que lucirá ademais o nome de Lourdes Domínguez como homenaxe á mellor tenista galega da historia, vinculada desde nena ao club.
A novidade nesta edición céntrase na decisión de recuperar o cadro feminino tras varios anos sen organizarse, polo que o Open terá competición sénior tanto masculina como feminina.
As primeiras en entrar en acción serán precisamente as deportistas do cadro feminino, do 11 ao 14 de outubro, mentres que no caso do cadro masculino contará cunha fase previa do 12 ao 14 de outubro e cunha fase final entre o día 15 e o 21 do mesmo mes.
A organización dotou cada un dos cadros de competición do Open con premios en metálico de 840 euros.