Luismi esperará "hasta el sábado" antes de dar por descartado a Adrián León
Por Diego Espiño
O estado da enfermería centra por segunda semana consecutiva a actualidade no Pontevedra, que prepara o choque do próximo domingo (19:00 horas) ante o Real Valladolid B con varias dúbidas.
A principal é a recuperación de Adrián León, cunha leve lesión muscular desde o duelo ante a Cultural Leonesa e que apura prazos para tentar estar na convocatoria.
"Vamos a tener que esperar hasta el sábado, tenemos tres días por delante y vamos a ver cómo evoluciona", recoñece Luismi, que non o dá por descartado coa intención de que, se pode, reforce a parcela defensiva, a máis afectada polas baixas ante a lesión de Nacho Lorenzo.
Tamén Churre e Kevin traballaron á marxe durante os primeiros días da semana, pero no seu caso espérase que cheguen en perfectas condicións á fin de semana, mentres que Pibe recibiu a alta médica e está a disposición do técnico.
Nestas condicións preparan os granates a próxima xornada ligueira, na que un triunfo supoñería segundo Luismi asinar un bo inicio de liga. "Sería ir por el buen camino. Cada bloque de cuatro partidos hay que intentar mejorar los puntos pero habría que darlo por un buen bloque de cuatro", recoñeceu o técnico, para quen o filial valisoletano será "un rival incómodo".
Relacionadas:
-
Un impreciso Pontevedra salva os mobles de penalti ante o Valladolid B (1-1)
Por Diego Espiño & Diego Torrado |
-
Coa posesión como arma para dobregar o Valladolid B
Por Diego Espiño |
-
Reacciona ben o Pontevedra para rabuñar un punto en Navalcarnero (1-1)
Por Redacción |
-
As baixas na defensa, unha oportunidade "para otros futbolistas que van a tener que dar un paso al frente"
Por Diego Espiño |