As escolas deportivas de Poio prepáranse para iniciar un novo curso
Por Redacción
As escolas deportivas de Poio preparan un novo curso coa apertura do período de inscrición a partir do próximo luns 17 de setembro.
Esta iniciativa formativa contará esta vez con 20 propostas deportivas, que ofrece en colaboración de clubs e asociacións.
Desta forma os nenos e nenas do municipio, e tamén dos arredores, poderán participar nas actividades de: fútbol, fútbol sala, balonmán, baloncesto, kaiak-polo, piragüismo, tríatlon, xogos de iniciación deportiva, ximnasia rítmica, tenis, ciclismo BTT, taekwondo, kick-boxing, patinaxe, atletismo (lanzamento de xavelina), deportes tradicionais, ludodeporte, actividade polideportiva, baile e xadrez.
A cota anual para participar nas escolas deportivas será de 60 euros no caso dos nenos e nenas empadroados no municipio e de 80 euros para os non empadroados.
A documentación necesaria, así como solicitudes de información, pode presentarse nas oficinas do Concello de 9:00 a 13:00 horas de luns a xoves, de 16:30 a 18:30 horas de luns a venres e no correo electrónico deportes.poiomovese@concellopoio.gal.