O Arosa remonta para gañar ao Polvorín (2-1) e o Ribadumia deixa escapar dous puntos (3-3)
Por Redacción
Últimos minutos con distinto sabor para Arosa e Ribadumia. Mentres os arlequinados remontaban no último instante, cun gol de Sylla, para conseguir os tres puntos ante o filial do CD Lugo, a Polvorín, o Ribadumia deixaba escapar no desconto unha vantaxe de dous goles no Porriño, cando parecía que a vitoria estaba asegurada para o conxunto da Senra.
Na Lomba os lucenses adiantáronse moi pronto, cun gol de Morais no minuto 5. Non tardaría en reaccionar o equipo de Rafa Sáez, que empataba no minuto 15, por medio de Javi Otero.
A pesar de dominar con insistencia, o tanto da vitoria local non chegou ata o minuto 92. Conseguiuno Sylla, con celebración especial e dedicatoria incluída para o seu compañeiro Sidibé, lesionado de gravidade na pretemporada.
Consulta o acta do partido Arosa-Polvorín nesta ligazón.
Tiña o partido na man e escapóuselle no desconto. O Ribadumia foi sempre por diante no Lourambal, fronte a un Porriño Industrial a remolque, que con todo sacou petróleo do desconto e en pouco máis dun minuto conseguiu neutralizar a clara vantaxe dos da Senra, rabuñando un empate con sabor a vitoria.
Miguel Vázquez abría o marcador aos 34 minutos de partido para o Ribadumia e Gabi facía subir o 0-2 no minuto 71.
Pero os de Luís Carro non souberon pechar o partido e o Porriño recortaba seis minutos despois cun tanto conseguido por Alberto García, que daba esperanzas aos locais.
A falta de sete minutos, Fran Fandiño lograba o 1-3 que parecía definitivo, pero o Porriño non se entregou e no desconto logrou o empate con dous goles nun minuto, ambos os dous conseguidos por Pedro.
Consulta o acta do partido Porriño Industrial-Ribadumia nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Arosa e Ribadumia engánchanse ao pelotón de cabeza e o Céltiga volve caer
Por Redacción |
-
Empate de prestixio do Céltiga, vitoria do Ribadumia en Boiro e inesperado tropezo do Arosa
Por Redacción |
-
Pleno para o Arosa que gaña na Illa e sufrido triunfo do Ribadumia
Por Redacción |
-
Demasiado Compostela para un Céltiga encolleito (3-0)
Por Redacción |
-
Cara para Arosa e Céltiga e cruz para o Ribadumia no inicio ligueiro en Terceira
Por Redacción |
-
Sorteados os calendarios de Terceira División e Preferente
Por Redacción |