Demasiado Compostela para un Céltiga encolleito (3-0)
Por Redacción
Imposible para o Céltiga. En San Lázaro, os de Manolo Núñez atopáronse un Compostela intratable, que non lles deu opción, facéndolles encaixar unha ampla derrota, nun partido dominado polos locais en todo momento.
Sergio Pereira e Brais Abelenda, en senllos remates de cabeza, deixaron o partido encarrilado na primeira parte e Aythami, co seu primeiro gol ligueiro como branquiazul, sentenciou mediada a segunda.
Mentres o Compostela manexaba o partido a través da posesión de balón, o Céltiga encerrábase buscando a ocasión de sorprender á contra, pero os visitantes apenas tiveron opcións de inquietar a Lorenzo.
O primeiro tanto chegaba aos 30 minutos, nun centro de Aythami desde a esquerda que Santi rematou ao traveseiro, aproveitando o rexeite Sergio Pereira para abrir o marcador.
A falta dun minuto para o descanso, Sergio Pereira centrou desde a liña de fondo para Brais Abelenda, que rematou de cabeza chegando desde atrás ao interior da área, para bater a Marcos Bermúdez.
A sentenza definitiva chegaba no minuto 66 cando Miki cedeu para que Aythami marcase a pracer.
Consulta o acta do partido Compostela-Céltiga nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Empate de prestixio do Céltiga, vitoria do Ribadumia en Boiro e inesperado tropezo do Arosa
Por Redacción |
-
Pleno para o Arosa que gaña na Illa e sufrido triunfo do Ribadumia
Por Redacción |
-
O Arosa remonta para gañar ao Polvorín (2-1) e o Ribadumia deixa escapar dous puntos (3-3)
Por Redacción |
-
Cara para Arosa e Céltiga e cruz para o Ribadumia no inicio ligueiro en Terceira
Por Redacción |
-
Sorteados os calendarios de Terceira División e Preferente
Por Redacción |