Os deportes de raqueta enchen de actividade o Mercantil
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente foron nas últimas datas un centro de actividade tenística con dous campionatos de tenis e de tenis praia.
A fin de semana tivo lugar alí o Campionato Galego de Tenis Praia, no que se proclamaron vencedores Adrián García e Alejandro Pose en categoría masculina e Rita Pena e Begoña Montenegro na feminina.
Este torneo foi o único federado esta tempada en Galicia nesta modalidade deportiva, pero a Federación Galega deTenis aposta por ela e pretende crear en 2019 un circuíto autonómico con entre 5 e 8 torneos, dos cales dous se disputarán no Mercantil.
Doutra banda entre o 22 e o 26 de agosto disputouse a sexta proba do Circuíto DobleRed de tenis, coa presenza de máis de 200 participantes procedentes de toda Galicia, Asturias e Canarias.
A competición desenvolveuse en diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.