O baloncesto 3x3 completa un sábado de puro deporte nas rúas de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado
Tríatlon, atletismo... e baloncesto. A instensa xornada deportiva deste sábado en Pontevedra tivo unha das súas citas importantes na Praza de España co Torneo de Baloncesto 3x3 na Rúa organizado polo Arxil.
Unha decena de pistas instaladas na contorna da Praza de España tomaron a rúa para o desenvolvemento de todo un clásico no verán deportivo da cidade.
Desde as 10:00 horas e ata ben entrada a tarde a actividade non decaeu para gozar do deporte da canastra e dunha modalidade que ademais será olímpica en 2020.
Ademais do torneo, en categorías feminina e masculina, tamén se desenvolveu o habitual concurso de triplos, que desde hai uns anos celébrase en memoria do pontevedrés Thiago Gómez Lor.