O Club Atletismo Rías Baixas pon en marcha un campus no CGTD
Por Redacción
As instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva será escenario durante os primeiros días de setembro dunha nova iniciativa para promocionar o atletismo.
Trátase dun campus de iniciación e perfeccionamento que pon en marcha o Club Atletismo Rías Baixas.
Dirixido a nenas e nenos entre os 8 e os 14 anos de idade, teñan ou non experiencia deportiva ou coñecemento do atletismo, contará coa participación de atletas internacionais e adestradores de nivel, confirmou o club organizador, e estará dirixido por preparadores titulados.
O campus desenvolverase do 3 ao 8 de setembro en horario de mañá (10:30 a 12:30 horas), cun prezo de inscrición de 35 euros.