O volei praia estrea torneo no Mercantil
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente estrearon nos últimos días competición, co seu I Torneo de Volei Praia.
Unha trintena de deportistas participaron no torneo organizado polo Club Voleibol Pontevedra.
A competición desenvolveuse nas categorías sénior mixta e sub-17 feminina.
Tanto o club pontevedrés como o Mercantil mostráronse satisfeitos co desenvolvemento da actividade e xa pensan en repetila o próximo ano esperando incrementar o número de participantes e categorías.