A Gimnástica repite a actividade Saltar na Rúa para promocionar o atletismo na cidade
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica volverá sacar o atletismo á rúa nunha acción de promoción do seu deporte que chegará o venres 24 e o sábado 25 de agosto á céntrica Praza da Ferrería.
Por segundo ano consecutivo alí celebrarase a actividade 'Saltar na rúa', centrada nas diferentes modalidades atléticas de saltos.
Por unha banda, a actividade estará aberta a todos os nenos e nenas nados entre os anos 2010 e 2002, con quendas na tarde do venres (18:00 a 21:00 horas) e a mañá do sábado (11:30 a 13:30 horas) que serán de balde previa inscrición (https://goo.gl/forms/3NjF9b4lMZ8lp1Gj1).
Por outro, como fin de festa, ás 19:30 horas do sábado celebrarase na Ferrería unha exhibición na que participarán algúns dos mellores especialistas autonómicos e nacionais de saltos.