O Inter Movistar non defrauda na Raña
Por Redacción & Diego Torrado
Non todos os días pódese ver en acción ao actual campión de Europa e tamén da Liga Nacional de Fútbol Sala (LNFS).
Iso é o que fixo este sábado o numeroso público que se congregou no pavillón marinense da Raña para presenciar o I Torneo Nacional de Futsal organizado polo Fisgón, a Escola Deportiva Marín e o Concello.
O Inter Movistar madrileño era a gran atracción da tarde, con estrelas como Ricardinho ou Pola á cabeza, nun duelo que lle enfrontaba ao Burela, equipo recentemente descendido desde a máxima categoría nacional.
O resultado foi 4-1 a favor do Inter con goles de Gadeia (2), Bebe e Solano, mentres que no conxunto lucense anotou Hélder. Pouco importou, xa que se trataba de gozar do mellor fútbol sala nacional.
Antes deste encuentr o club local, O Fisgón, mostrou unha gran imaxe vencendo a un equipo da Primeira División Feminina como o Amarelle por 2 goles a 1.