Pintos desafía á calor para cumprir coa tradición da súa carreira popular
Por Redacción & Diego Torrado
Nin a calor vivida durante a tarde do sábado puido evitar que o lugar de Pintos, na parroquia pontevedresa de Marcón, cumprise coa súa maior tradición deportiva.
A XXXIII Carreira Popular de Pintos reuniu a atletas de todas as idades para gozar dunha amena xornada.
Desde as 17:30 horas foise dando a saída ás diferentes probas por idades ata chegar á carreira absoluta.
Como en anteriores anos, a organización sorteou ao final diversos agasallos entre os participantes, ademais de colaborar unha vez máis co servizo de RedeAxuda organizando unha recollida solidaria de alimentos.