O rugby pontevedrés prepárase para iniciar unha nova tempada
Por Redacción
Rematan as vacacións no rugby pontevedrés, que esta semana arrinca unha nova tempada deportiva.
O Pontevedra Rugby Club informou da data de inicio dos adestramentos para o seu equipo sénior masculino, que botará a andar este sábado 18 de agosto no campo de Monte Porreiro.
Por ese motivo, e coa intención de seguir promocionando o seu deporte, o club fixou os primeiros adestramentos como de portas abertas, para todo o que queira iniciarse na práctica do rugby. Serán os martes, mércores e venres de 20:30 a 23:00 horas.
Ademais o PRC anunciou a incorporación ao corpo técnico da entidade de Joaquin Maguna "Juaco", xogador formado no Universidade de Vigo que chegou a xogar na máxima categoría e que xa dirixiu o equipo sub-18 do Pontevedra.
Relacionadas:
-
Positivo inicio de tempada para o rugby pontevedrés
Por Redacción |
-
O PRC saca o rugby á rúa
Por Redacción |
-
Novos retos para o Mareantes Rugby na segunda división autonómica
Por Redacción |
-
Cando o rugby convértese en ferramenta educativa
Por Redacción |
-
O rugby pontevedrés internacionalízase
Por Redacción |