O piragüismo pontevedrés, protagonista no Nacional de maratón
Por Redacción
A pasada fin de semana celebrouse en augas do río Tajo ao seu paso polo municipio madrileño de Aranxuez o Campionato de España de Piragüismo Maratón, competición que servía para completar o equipo nacional que participará proximamente no Mundial da especialidade e que tivo un importante protagonismo pontevedrés.
Tono Campos e Jose Sánchez (Breogán do Grove) impuxéronse na proba de C-2, mentres que a súa compañeira de equipo Tania Álvarez facía o propio no K-2 xunto a Tania Fernández certificando á súa vez un posto para o Campionato do Mundo.
Tamén se proclamaba campioa de España Jennifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra) na canoa individual.
En canto á categoría sub-23, Damián González (Verducido) lograba outro ouro para Pontevedra no C-1, do mesmo xeito que María de la Peña (EP Ciudad de Pontevedra) na categoría xuvenil.
En idade xuvenil completaron o palmarés para a comarca Jaime Duro e Álvaro López (EP Ciudad) vencendo no C-2.
Relacionadas:
-
O piragüismo maratón pontevedrés, a pola gloria no Mundial de Portugal
Por Redacción |
-
O Ciudad de Pontevedra consegue a vitoria no Descenso Internacional do Miño
Por Redacción |
-
Sumar o seu cuarto título Mundial, próximo obxectivo dun incansable Óscar Graña
Por Diego Espiño |
-
Óscar Graña agranda a súa lenda: é o novo campión de Europa de piragüismo maratón en C2
Por Alejandro Espiño |
-
O grovense Tono Campos vence no campionato de Europa de piragüismo maratón
Por Redacción |