A sexta edición do Torneo Internacional Cidade de Pontevedra, toda unha festa do xadrez
Por Redacción
Máis que unha competición, o Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de xadrez converteuse en toda unha celebración.
Este mércores comezpou no pavillón do colexio Los Sauces a súa edición máis ambiciosa, a sexta, con preto de 200 xadrecistas procedentes de 19 países diferentes.
Trátase, tal e como recoñeceron os seus organizadores, da competición internacional de maior nivel de toda a historia do xadrez galego.
O gran mestre ruso Anton Demchenko figura como número 1 do torneo, que tamén conta con grandes referentes como a sete veces campioa de España Mónica Calzetta ou Patricia de León, a actual campioa de Uruguai.
Unha das principais novidades da competición desta edición é a división en dous grupos do torneo, o A ou Masters e o B ou Amateur, este último reservado a xogadores cun ELO internacional inferior a 2.000 puntos. O obxectivo da organización é propiciar para aqueles xogadores que desexan xogar un torneo máis forte.
O resultado desta modificación no sistema de competición foi un Torneo A moi forte no que xa nas primeiras roldas moitos Mestres estiveron contra as cordas. Aínda que ningún caeu derrotado, sete deles deberon conformarse co empate.
A competición internacional seguirá o seu curso ata o vindeiro martes 14 de agosto.
Relacionadas:
-
Chega á súa fin a cuarta aventura solidaria da Escola Xadrez Pontevedra en Jordania
Por Redacción |
-
O ruso Antón Demchenko, vencedor do VI Torneo Internacional de xadrez
Por Redacción |
-
Simultáneas como aperitivo do Torneo Cidade de Pontevedra de xadrez
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Pontevedra, sede do torneo de maior nivel de toda a historia do xadrez galego
Por Alejandro Espiño |