Sanxenxo estrea curso de adestrador de fútbol
Por Redacción
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentaron este luns o Curso Básico UEFA B de Adestradores (antigo nivel 1) que por primeira vez ponse en marcha no municipio.
Este curso supón dar continuidade ao de Monitor de Fútbol Base organizado hai uns meses e que resultou un éxito, con máis de corenta participantes.
A formación vaise levar a cabo os luns e mércores de 19:30 a 22:30 horas cun coste de 900 euros de matrícula.
A inscrición pode realizarse online a través da xanela da Escola de Adestradores da páxina web da RFGF www.futgal.es. Ademais os interesados poden solicitar información no correo electrónico a escueladeentrenadores@futgal.es.
O Curso de Adestrador Básico de Fútbol vai realizarse en todas as cabeceiras das sedes da Real Federación Galega de Fútbol, pero tamén naqueles concellos que, como o de Sanxenxo, solicítano debido á demanda existente.
No acto de presentación do curso tamén estiveron presentes o concelleiro de Deportes, Jesús Sueiro, o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, e o coordinador do curso, o adestrador José Luis Uhía "Piscis".