O tenis praia, unha modalidade en auxe no Mercantil
Por Redacción
As instalacións do Casino Mercantil en Mourente foron escenario a pasada fin de semana do seu segundo torneo de tenis praia.
A competición desenvolveuse nas categorías masculina, feminina e mixta, con dúas xornadas de diversión na pista de area habilitada.
Na categoría senior masculina os vencedores foron Diego Negreira e Arturo Hermida, superando na final a Miguel Lapido e Mateo Carrera. Na feminina levaron o triunfo Begoña Montenegro e Olalla Maroto, mentres que na competición mixta gañaron Diego Negreira e Begoña Montenegro.
Tras esta cita lúdico-deportiva,o Mercantil prepárase agora para acoller a final de agosto (os días 25 e 26) o Campionato Galego da especialidade.