Máis protagonismo para a canteira do Arxil no equipo de Liga Feminina 2
Por Redacción
A base do Arxil terá protagonismo esta tempada na Liga Feminina 2.
Cunha planificación que inclúe un equipo máis curto na rotación, o club verde mirará cara abaixo para dunha parte foguear ás súas novas promesas na elite e doutra lograr unha maior profundidade de banco e maior calidade nos adestramentos.
É por iso que, ademais das xogadoras que habitualmente viñan alternando primeiro equipo e filial como Aldara Vázquez ou Noa Casalderrey, varias integrantes do equipo júnior realizarán a pretempada ás ordes de Mayte Méndez e contarán con oportunidades de participar na segunda categoría nacional.
Será o caso das júnior Lara Dran, Mandiara Faye e Arancha, que achegarán frecura e mocidade ao primeiro plantel. Ademais a idea do Arxil é incorporar en setembro outras tres xogadoras que por estudos estableceranse en Pontevedra e que, aínda que terán ficha no segundo equipo ou no júnior, estarán tamén na órbita do equipo de LF2.
CAMPAÑA DE SOCIOS
O Arxil iniciou unha nova campaña de socios que se dirixe, ademais da os afeccionados do baloncesto, a xogadoras e pais que no paso estiveron no equipo para que apoien ao club nun momento no que necesitan asegurarse recursos económicos.
A campaña conta co lema "Únete á Familia do CB Arxil e goza do mellor baloncesto" e un prezo por carné de 20 euros (socio protector 200 euros e colaborador 400 euros), podendo adherirse a ela na web do club www.arxil.es.
Relacionadas:
-
O Arxil, a un paso de dar por pechado o seu plantel
Por Redacción |
-
Janea Williams, poderío americano baixo taboleiros para o Arxil
Por Redacción |
-
A catalá Gala Mestres firma polo Arxil
Por Redacción |
-
A estadounidense Sierra Clark convértese no primeiro reforzo do Arxil
Por Redacción |
-
Arantxa Mallou sela a súa continuidade co Arxil unha tempada máis
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache súmase á lista de renovadas no Arxil
Por Redacción |