A xira norteamericana de Aarón González
Por Redacción
É unha dos grandes lugares do boxeo mundial, e por iso Aarón González quixo descubrilo de primeira man.
O púxil marinense atópase estes días de xira en Estados Unidos, concretamente en Hollywood, Los Ángeles, onde pasará un tempo adestrando para tentar seguir mellorando o seu nivel.
Aarón elixiu un ximnasio de soleira, rexentado e coordinado por Freddy Roach, un dos mellores adestradores a nivel mundial e no que se preparan grandes campións como Amir Khan, Miguel Cotto ou mesmo Manny Pacquiao.
O deportista do Team Thunder tivo a oportunidade de facer de sparring con boxeadores de nivel mundial como o filipino Duno Romero e compartir sesións con deportistas doutros puntos da xeografía mundial, que se atopan concentrados neste ximnasio.
Ademais está prevista a súa participación en varios combates para celebrar na cidade de Los Ángeles.
Relacionadas:
-
Aarón González vence no IV Torneo Internacional da Amizade
Por Redacción |
-
O boxeo marinense mostra a súa boa saúde
Por Redacción |
-
Unha xornada especial para o boxeo marinense
Por Redacción |
-
Aarón González finaliza a súa xira en Estados Unidos con bo sabor de boca
Por Redacción |
-
Aarón González cede ante Sissoko e queda co bronce no Campionato de España
Por Redacción |
-
Aarón González avanza ata as semifinais do Campionato de España de Boxeo
Por Redacción |
-
Aarón González próbase de cara a revalidar o seu título nacional de peso welter
Por Redacción |