Teresa Abelleira mete a España na final do Europeo Sub-19
Por Redacción
A Selección Española Sub-19 de fútbol estará o vindeiro luns 30 de xullo na gran final do Campionato de Europa que se está celebrando en Suíza, e gran culpa diso tena Teresa Abelleira.
A futbolista pontevedresa foi a gran protagonista este venres na semifinal que enfrontaba a España e Dinamarca na localidade de Biel, marcando o único tanto do encontro que clasifica ao combinado nacional para o choque definitivo polo título.
Foi un duelo disputado no medio dunha gran igualdade e baixo un sol de xustiza, que chegou con empate sen goles ao intermedio.
Houbo que esperar a mediado o segundo acto para ver a xogada decisiva, na que Abelleira cun gran lanzamento desde fóra da área conseguía bater á gardameta danesa. Era o minuto 67 de xogo.
Tocou sufrir ata o asubío final, pero o marcador xa non se movería.
A España de Teresa Abelleira enfrontarase agora na gran final a Alemaña, pero antes sobre o mesmo céspede as xogadoras celebraron o éxito por todo o alto.
— Selección Española Femenina de Fútbol (@SeFutbolFem) 27 de julio de 2018
¡¡Así se celebra el pase a nuestra QUINTA FINAL CONSECUTIVA !!
¡¡Qué orgullo de EQUIPO !!#WU19EURO pic.twitter.com/EuZ86Rnrx8
Relacionadas:
-
Teresa Abelleira, futbolista campioa de Europa sub-19: "O deporte feminino está a cambiar. Están a darnos visibilidade"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Teresa Abelleira, flamante campioa de Europa coa Selección Española Sub-19
Por Redacción |
-
Teresa Abelleira pon rumbo ao Europeo Sub-19 coa Selección Española
Por Redacción |