Xornada de calor e deporte no CGTD coa III Festa do Atletismo
Por Redacción & Mónica Patxot
Unha xornada atlética diferente. Así foi a terceira edición da Festa do Atletismo Galego que engalanou este xoves as instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
Na competición, organizada polo Club Atletismo Rías Baixas e a Federación Galega de Atletismo, tomaron parte máis de 200 deportistas.
A actividade iniciouse ás 18:40 horas coas carreiras de 200 metros valos, e continuou con distancias pouco habituais como os 150, os 300, os 500 ou os 1.000 metros lisos, ademais de concursos en lonxitude e xavelina e unha carreira de 4x400 metros marcha, para finalizar ao fío das 21:00 horas coas remudas 2x200.
No marco da Festa do Atletism Galego homenaxeouse a Luís López Basalo, propietario do Hotel Don Pepe, pola súa colaboración con este deporte durante décadas.