Catro medallas para o ABP Sport no Campionato de España de Kick Boxing
Por Redacción
O ABP Sport de Pontevedra regresou con bo sabor de boca do Campionato de España Sénior Kick Boxing celebrado en Guadalaxara.
No nacional disputado nas modalidades de 'tatami sport' e 'ring sport', o club pontevedrés conseguiu un botín de dúas medallas de prata e outras dúas de bronce.
Jonathan Piñeiro foi un dos deportistas que chegou á gran final tras superar un combate por K.O. e outro por puntos, pero no seu último enfrontamento non puido alzarse co triunfo tendo que conformarse co segundo posto do podio.
Milagros Redondo fíxose con dous preseas, prata e bronce, perdendo 'light' ante unha das grandes favoritas, que levou o título, e subindo tamén ao caixón en 'point'.
Por último Jhoan Abadía completou o palmarés cun bronce ao caer nun igualado combate que concluíu con igualdade de puntos.