Dez quilómetros de Carreira Carneiro ó Espeto para ir abrindo o apetito
Por Redacción
Dentro da programación da festa gastronómica do Carneiro ó Espeto de Moraña este domingo celebrouse a VI Carreira Carneiro ó Espeto 10 K.
Na clasificación absoluta chegou en primeira posición o atleta senior Alejandro Fernández Rivera do club Ourense Atletismo cun tempo oficial de 31:57 minutos. En categoría feminina impúxose a corredora Sub 23 Edymar Daniely Brea Abreu da A.D. Tri-penta Terras de Lugo cun crono de 35:57 minutos.
Houbo premios en metálico para os tres primeiros clasificados das categorías absolutas masculina e feminina. No resto de categorías entregáronse trofeos acreditativos.
Tamén houbo premios para os clubs con máis deportistas, para os competidores en idade escolar, para o primeiro corredor masculino e feminino en pasar pola meta voante dos cinco quilómetros. Ademais, todos os participantes recibiron unha camiseta técnica.
Ademais celebrouse a competición por parellas, que alcanza a súa terceira edición. Esta proba tivo un percorrido de 1.500 metros e esixe que dous competidores cheguen ao mesmo tempo á meta. Impuxéronse nesta proba "Os fabulosos" cun tempo oficial de 6.14 minutos.
Consulta os resultados completos nesta ligazón.
Relacionadas:
-
Moraña desborda no día grande da XLIX Festa do Carneiro ó Espeto
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Case tres mil persoas xantarán na Festa do Carneiro ó Espeto de Moraña
Por Redacción |
-
Kiko&Shara, Natalia, Amistades Peligrosas, El Regreso de la Década e a Festa Kioto estarán na Gala do Carneiro
Por Oskar Viéitez |