Carla Fernández cumprirá a súa novena tempada no Arxil
Por Redacción
Despois de semanas de conversas, o Club Baloncesto Arxil anunciou este venres a primeira das renovacións no plantel que competirá un ano máis na Liga Feminina 2.
Trátase de Carla Fernández, que se converterá nunha das xogadoras con máis experiencia e peso no equipo na que será a súa novena tempada no club.
A base viguesa chegou ao Arxil na campaña 2010-2011 procedente de Carmelitas, e desde entón foi gañando aos poucos importancia na rotación de Mayte Méndez.
Esta última tempada Carla foi unha das xogadoras con máis minutos do plantel, con case 30 minutos en pista por partido nos que alcanzou 7 puntos e 7,4 de valoración.
"Nestas dúas últimas tempadas a parte da súa faceta ofensiva e de directora no xogo foi un baluarte a nivel defensivo" sinalou Lino Vázquez, coordinador do club, que espera nos próximos días deixar pechada a base do primeiro equipo.
Relacionadas:
-
A estadounidense Sierra Clark convértese no primeiro reforzo do Arxil
Por Redacción |
-
Arantxa Mallou sela a súa continuidade co Arxil unha tempada máis
Por Redacción |
-
Cristina Díaz-Pache súmase á lista de renovadas no Arxil
Por Redacción |
-
María Lago, segunda confirmación no plantel do Arxil
Por Redacción |
-
Procura de apoios no Arxil para cubrir o seu orzamento
Por Redacción |
-
Desvelado o calendario de competición na Liga Feminina 2 de baloncesto
Por Redacción |
-
O Arxil viaxará na liga a Cataluña, País Vasco, Navarra, Asturias e León
Por Redacción |
-
O Arxil confirma a súa inscripción na Liga Feminina 2 de baloncesto
Por Redacción |