O Pontevedra apura a súa preparación ante o primeiro e "esixente" test de pretempada
Por Diego Espiño
Despois dunha semana de traballo, o Pontevedra encamíñase cara ao primeiro encontro de pretempada, cun dos duelos de máis nivel da época de preparación.
Os granates viaxarán este venres a Asturias para enfrontarse ás 12:00 horas do sábado en Avilés ao Real Sporting de Xixón.
"Para ser el primero va a ser exigente, pero también es de lo que se trata, que nos pongan en dificultades, que nos hagan ver donde flojeamos y dónde necesitamos trabajar más", explicou Luismi tras unha sesión celebrada este xoves no Estadio Municipal de Pasarón na que incidiu en diversos aspectos tácticos coa intención de que o equipo vaia asimilando a súa proposta.
"Queremos que desde fuera se vea a lo que realmente juega al Pontevedra, que se vea que tenemos un sello de identidad propio", sinalou o preparador granate, cuxa idea é presentar sobre o terreo de xogo dúas aliñacións completamente diferentes, unha en cada tempo, repartindo así minutos entre todo o plantel.
A dúbida céntrase principalmente no estado de dous futbolistas, ante as "típicas molestias" propias da época. Trátase de Romay, cun golpe nun dedo do pé, e Pedro Vázquez, con problemas musculares. A eles súmase o canteirán Antón, que non se exercitou co grupo esta semana debido a unha lesión no xeonllo.
Tras a cita ante o conxunto asturiano, que milita na Segunda División, os xogadores do Pontevedra gozarán o domingo de xornada de descanso e o luns retomarán o traballo pensando xa no Trofeo Luís Otero que se disputará o mércores 25 de xullo en Pasarón ante o Club Deportivo Lugo.
Relacionadas:
-
Boa imaxe do Pontevedra en Avilés fronte o Real Sporting, no primeiro test de pretemporada (1-1)
Por Ramiro Espiño |
-
A Xunqueira contempla as primeiras suores granates
Por Ramiro Espiño |
-
O Pontevedra mantén prezos dos abonos e pecha o calendario de pretemporada
Por Ramiro Espiño |
-
Brillante posta en escena do Pontevedra 2018/2019 con oito caras novas
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |