Ramón Touza ou Froiz, entre os galardoados nos segundos Premios Manuel Rosales
Por Redacción
A carreira popular +10 Marín, que se celebrará o vindeiro sábado 28 de xullo, deu a coñecer ás persoas e entidades que serán homenaxeadas na segunda edición dos Premios Manuel Rosales.
O ex-presidente da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Ramón Touza, recibirá un premio á súa traxectoria, mentres que se recoñecerá a Froiz como empresa colaboradora en eventos deportivos.
Completarán a lista de galardoados a proba Volta á Illa de Ons que organiza o Club Corredoiras de Bueu e a web Correr en Galicia.
A organización da carreira, que este ano terá catalogación de Campionato Galego de 10 quilómetros en ruta, márcase como obxectivo superar os 700 deportistas participantes da pasada edición. A inscrición permanecerá aberta ata as 14:00 horas do 25 de xullo (www.cronotec.es).