O Galaico Sincro, contento co seu papel no Campionato de España
Por Redacción
Ourense foi escenario do Campionato de España de Natación Artística de Primeira División para as categorías alevín e junior, e a cita deixou un grato sabor de boca para o Galaico Sincro.
O club pontevedrés finalizou no noveno posto da competición alevín, entre os 16 mellores equipos, e ademais a súa nadadora Daniela Suárez fíxose coa medalla de ouro na súa categoría ao quedar clasificada como a mellor deportista nada no ano 2008.
Foi o broche a un campionato que iniciouse co décimo posto de Sara Villanueva na xeral de figuras, con Andrea Pazos na posición 30. Ademais Villanueva conseguiu ser novena na rutina individual e tamén en dúos coa súa compañeira Andrea Pazos.
Como premio, as 30 mellores nadadoras da categoría entrarán no plan de seguimento da Federación Española, polo que poderán participar nun campus de nadal que servirá para confeccionar o equipo nacional desta idade.
En canto á competición junior, o representante local foi o Club Natación Sincronizada Pontevedra, que finalizou no posto 17 da clasificación por equipos.
Relacionadas:
-
Dúas nadadoras do Galaico Sincro, únicas galegas na concentración nacional alevín
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro estrea tempada coa vontade de seguir crecendo
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro, preparado para o campionato de España alevín de natación artística
Por Redacción |
-
Éxito do Galaico Sincro no Open de Castela e León de natación artística
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro relaciónase cos mellores clubs de España
Por Redacción |